"Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado, inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se afrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. Este documental repasa a historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas pero que durante 70 anos levaron traxectorias paralelas.Esta é unha película de EAF Producións en coprodución coa TVG, coa subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo (CC.OO.), da Asociación FucoBuxan, Asoc. Memoria Historica Democrática, Formateo e CG producións."
Mais aló da Lei de Memoria Histórica esta o dereito da xente de enterrar aos seus mortos. A coñecer o qué, o cómo, o dónde, o cándo... e tamén o quén e o por qué...
Rodada na praia da Frouxeira, ao lado de donde nacín. Recordando ao meu abó e aos seus compañeiros da cooperativa de San Mateo dos anos 30.
Imprescindible documental que sae a luz o xoves 3 de decembro no teatro Jofre de Ferrol. Mais información na súa páxina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario